A Xunta anima á mocidade a solicitar as axudas para comprar vivenda en concellos de ata 10.000 habitantes, cun orzamento para este ano de 2,55 M€
— Estes incentivos poderán pedirse en 257 municipios galegos, 56 máis que na anterior convocatoria, cando estaban limitados a entidades locais de 5.000 veciños ou menos — O importe máximo da subvención é de 10.800 € por vivenda e o prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro — …